Mañá inaugúrase a iluminación de Nadal

26

O Concello de Pontevedra inaugura mañá a iluminación de Nadal mañá, ás 18.30 horas na praza da Ferraría. O alcalde e a concelleira de Festas, Carme da Silva, acenderán a iluminación da cidade que contará cunha árbore na praza de España e outra máis pequena na praza de Curros Enríquez.

A maior parte das rúas da cidade, tanto do centro histórico como do ensanche, estará debidamente iluminadas para esta ocasión con arcos de luces led de baixo consumo. A colocación destes arcos foron consensuados coas asociación de empresarios da cidade, Aempe, de tal xeito que se abarcara o maior número de rúas posible cunha contía económica lixeiramente menor que no pasado ano.

O acto de inauguración irá acompañado dunha actuación a cargo da Coral Bella Helenes e do quinteto de metal Hércules Brass que cantarán panxoliñas.

A iluminación de Nadal estará encendida dende as 18.00 horas até as 01.00 horas, agás os días 24 e 31 de decembro, que estará acesa até a madrugada. Estará encendida até o 6 de xaneiro.