Lecer no Nadal

47

As concellarías de Cultura e Festas organizan para este Nadal unha completa programación para o centro urbano e para as parroquias dende o 5 de decembro até o 7 de xaneiro, nas que non faltarán música, danza, maxia, animación de rúa, teatro, contacontos ou animación á lectura entre outras moitas actividades.

As actividades nas parroquias ou o Nadal Ocio situado no Recinto Feiral son algúns dos atractivos desta programación. Nadal ocio abre as súas portas o venres, 21 de decembro, de 16.30 a 21.30 horas, e o horario da pista de xeo ampliarase até as 23.00 horas. A entrada terá os mesmos custes que o pasado ano, 1 euro pola entrada, 3 para o parque de ocio e 5 para a pista de xeo.

Ver documento PDF
Ver documento PDF