Inauguración das luces de Nadal o próximo 5 de decembro

24

Pontevedra inaugurará as luces de Nadal o vindeiro 5 de decembro pola tarde na praza da Ferraría, onde este ano se instalará a árbore de Nadal, segundo explicou esta mañá a concelleira de Festas, Carme da Silva. Tamén se instalará unha árbore máis pequena na praza de Curros Enríquez.

En colaboración coas asociacións de comeriantes da cidade, a Concellaría de Festas repartirá a iluminación festiva por todo o centro urbano, e tamén polo traxecto polo que discurrirá a Cabalgata de Reis.

Como novidade, a inauguración das luces de Nadal irá acompañado dun concerto de panxoliñas a cargo da Coral Bella Helenes e do Quinteto de Metais Hércules Brass.

A Concellaría de Festas tamén ten previstos Cantos de Nadal os días 21 e 29 de decembro, e 3 de xaneiro. Todos eles ás 20.00 horas nas prazas de Curros Enríquez, Praza da Verdura e Praza da Peregrina, respectivamente.

As danzas de Nadal serán os días 22 e 28 de decembro con Trepia. Será ás 18.00 horas e farán un percorrido por distintas prazas e rúas do centro histórico: Peregrina, Curros, Méndez Núñez, Verdura e Leña

Os Cantares de Reis serán o 4 de xaneiro ás 17.30 horas nas praza e rúas da cidade a cargo dos Chichisos.