O Concello e os taxistas acordan trasladar a parada de Benito Corbal a Daniel de la Sota

82

Os concelleiros Miguel Filgueira e Luís Bará mantiveron esta mañá unha reunión cos representantes dos taxistas pontevedreses para escoitar as peticións dos autopatronos en relación á peonalización da rúa Benito Corbal entre Vasco da Ponte e Cobián Roffignac.

Na reunión chegouse ao acordo de trasladar a parada de taxis, na actualidade situada en Benito Corbal antes e despois da rúa Sagasta, á rúa Daniel de la Sota. Os concelleiros comprometéronse a trasladar aos servizos técnicos o estudo de capacidade nesta rúa.

A reubicación da parada de taxi débese á decisión do Concello de Pontevedra de peonalizar (permitiendo sempre acceso a residentes, servizos, carga e descarga, urxencias…) o treito de Benito Corbal entre Vasco da Ponte e Daniel de la Sota, unha obra que non empezaría até despois do inicio das rebaixas.