O Concello de Pontevedra paga aos proveedores en 42 días

50

O Concello de Pontevedra paga aos seus proveedores a 42 días, segundo os últimos informes elaborados polo órgano orzamentario e a piques de cumprir a lei de morosidade do Estado que fixa un prazo de pago de 40 días. Raimundo González, concelleiro de Economía e Facenda, explicou que esta media está un tanto terxiversada polo pago de catro facturas ao Porto de Marín que tiñan un prazo acumulado de máis de 1.000 días, polo que o 90% das facturas baixan dos 42 días de espera de pago, e incluso, dos 30 días.

No primeiro trimestre do 2012 o pago era de 77 días, e no segundo de 52,28 días. No último trimestre efectuouse un pago de 8,5 millóns de euros, arredor de 1.300 facturas.

Os novos datos supoñen unha reducción dun 45% do período medio de pago, é dicir, 35 dias.

Segundo Raimundo González esta dixilencia no pago "débese a máis axilidade administrativa  na xestión de facturas e certificacións". Lembrou que hai catro meses o seu departamento mantivo reunións con distintos servizos "para activar unha coordinación extrema para reducir o prazo medio de pago" que concluíu coa elaboración dunha circular interna reenviada a todos os servizos implicados co pago a proveedores nas que se fixan os diagramas de procedemento e os cronogramas de actuación nos distintos casos de facturas, certificacións… co obxectivo de baixar o pago aos 30 días.

A conclusión é a diminución do tempo de pago das facturas "e imos seguir traballando para acadar os 30 días".