Pontevedra dende as nubes

36

A Concellaría de Benestar Social Municipal porá en marcha esta semana a segunda edición do programa Un paseo polas nubes para coñecer Pontevedra dende as terrazas máis altas da cidade, unha delas a do edificio da Casa Azul.


Nesta ocasión, o rapaces das asociacións Xoán XXIII, Xuntos e Alba que participaron nas primeiras visitas, serán agora os guias de políticos e representantes de asociacións de veciños.

A primeira das visitas está pensada para os representantes da Corporación municipal que pasarán, este xoves, pola terraza da Casa Azul, do Sexto edificio do museo, as Torres e a terraza da Basílica de Santa María. A visita guiada cos representantes veciñais será o sábado, a partir das 10.00 horas.


Os quince mozos que participan nestas visitas fixeron un traballo previo de coñecemento dos distintos espazos, lugares e edificios da cidade vistos dende o aire durante cinco sesións prácticas.