A Asociación Sirio ensina a usar os telescopios no programa “O ceo da estación”

59

A Concellaría de Medio Ambiente continúa hoxe coa programación medioambiental do Concello “Sinte Pontevedra”, coa actividade “O ceo da estación”, charlas e obradoiros sobre o ceo de inverno en colaboración coa Asociación Astronómica Sirio.

Mañá venres, o ceo da estación propón o último dos obradoiros a cargo dos membros de Sirio no Centro Social do Gorgullón. Nesta charla abordarse a instalación  e uso de telescopios. O obradoiro comezará ás 20.00 horas

O ceo da estación tamén inclúe charlas/observacións relativas ao ceo de inverno. A segunda desenvolverase este sábado, 17 de novembro, no Observatorio de Cotobade. A actividade consistirá na contemplación do ceo a simple vista, ademais da súa análise a través do telescopio do Observatorio, todo elo acompañado das explicacións dos expertos de Sirio.

A Concellaría trasladará aos participantes en autobús até o Observatorio de Cotobade. O transporte sairá ás 20.15 horas da capela de San Roque.

Tanto os obradoiros como as observacións teñen prazas limitadas. Medio Ambiente pon a disposición dos interesados 45 prazas para a viaxe a Cotobade. 

Todas as persoas que desexen participar no Ceo da estación poderán reservar a través do mail medionatural@pontevedra.eu, a través do teléfono 986 100185 ext 7584 ou ben acudindo ás dependencias de Medio Natural do Concello na rúa Churruchaos.