Un obradoiro de cociña pon fin á programación sobre micoloxía “Tempo de outono”

36

A Concellaría de Medio Ambiente e Consumo, que xestiona Anxos Riveiro, remata esta semana a programación de “Tempo de outono. Actividades de achegamento aos cogomelos”, unha cita obrigada chegada esta estación. Con esta proposta, a Concellaría quere abordar o mundo da micoloxía dende todas as súas perspectivas.

“Tempo de outono” remata mañá, cun obradoiro de cociña de cogomelos que se celebrará ás 19.00 horas no Pazo da Cultura.

A programación comezou a pasada semana cunha charla-coloquio sobre o mundo dos cogomelos que incluía un obradoiro de cultivo de Pleurotus ostreatus. Tamén tivo unha saída micolóxica pola parroquia de Marcón, a cargo de Jaime Blanco-Dios, experto en micoloxía.

Todas as actividades son gratuítas previa inscrición en info@ventos.es ou no número 986 87 39 31.