PROBA CICLISTA 10 DE NOVEMBRO DE 16 A 18.30 HORAS

88

 

O sábado 10 de novembro entre as 16 e as 18.30 horas vaise celebrar na cidade unha proba ciclista polas seguintes rúas: Praza da Peregrina, Michelena, Praza de España, Riestra, A. G. Besada, Praza de Galicia, Andres Muruais, Peregrina, Praza da Peregrina.

A praza de Galicia queda aberta no sentido circulatorio de entrada a cidade, é dicir dende Avda. Raíña Vitoria cara a Eduardo Pondal.

Na franxa horaria indicada non se poderá circular por estas rúas, se ben en algún momento puntual habilitarase a saída dos garaxes.

Na imaxe que se achega se mostran os sentidos circulatorios permitidos na Praza de Galicia.