Explicando trata mañá as enerxías alternativas

43

A Concellaría de Benestar Social Municipal continúa mañá as primeiras charlas de Explicando, o ciclo de conferencias na Casa Azul (rúa Sor Lucía), de carácter gratuíto, sobre cuestións prácticas relacionadas co ámbito doméstico.

Mañá mércores, 31 de outubro, o enxeñeiro técnico José David Mato García, informará sobre as avantaxes e inconvenientes das enerxías alternativas, abordando cuestións de carácter doméstico como os custes de instalación. A charla comezará ás 19.30 horas.

A Casa Azul e a Concellaría de Benestar Social Municipal poñen a disposición de todos os pais que queiran asistir a estas charlas un servizo de gardería, pensado para nenos de dous ou máis anos.