O alcalde visita as obras de mantemento do Pazo

32

Esta mañá o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura Anxos Riveiro, visitaron o Pazo da cultura, acompañados por lo encargado da empresa EDISERPO, que está realizando as obras de pintado e mellora nas instalacións do Pazo da Cultura, e Recinto Feiral e Teatro Principal.

As accións de reforma e mellora, realizadas mediante un expediente de modificación de crédito, teñen como principal finalidade acondicionar as instalacións, inauguradas en 1997, para que as actividades programadas para esta último trimestre do ano, se celebren nas mellores condicións.

Debut, Culturgal, Nadal Ocio terán como sede o Recinto  Feiral, que ademáis do cambio da chapa exterior, contará co selado e pintado da cara interior da súa ampla cristaleira.

Pola sua parte, no Pazo da Cultura estase procedendo ao pintado de zonas comúns e seminarios, as columnas do auditorio, etc, conseguindo entre outras cosas unha maior luminosidade. Estas instalación son empregadas a diario acollendo a numerosas actividades da programación cultural e para impartición de diferentes cursos e seminarios e congresos, coma o Congreso Acelerador do Crecemento Persoal “Ponte a Punto” (16-17nov.)

O Teatro Principal, tamén se someterá ás labores de repintado.

Está previsto que as obras, que se están levando a cabo sen modificar a actividade diaria nas instalacións, rematen antes de finais de ano.