A Xunta de Goberno rexeita a alegación á paga de produtividade

86

O portavoz do Goberno, Raimundo González informou esta mañá que a Xunta de Goberno rexeitou a alegación presentada por un particular á modificación de crédito na que figura a consignación de máis de 700.000 euros para o pago do complemento de produtividade aos traballadores públicos do Concello.

Segundo explicou "rexéitase a reclamación porque non se axusta aos motivos da legalidade vixente que son: non estar de acordo cos trámites legais da tramitación da modificación de crédito; non ter o crédito necesario para o pago; ou ser insuficientes os ingresos aos gastos orzamentados.

O concelleiro explicou que esta decisión está enmarcada dentro do acordo do Goberno Local de pagar esta produtividade a os funcionarios municipais, logo do acordo que se acadou cos representantes sindicais no Concello.