O TSXG dá a razón ao Concello fronte a unha multa de Augas de Galicia

39

A Xunta de Goberno deu conta esta semana da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que exime ao Concello de Pontevedra do pago dunha multa administrativa de 13.500 euros imposta por Augas de Galicia, por un verquido de formigón realizado á rede de sumidoiros do Concello -rematou no río Gafos- procedente das obras de construción da rotonda do Marco, construída pola Xunta de Galicia, polo que o verquido foi realizado pola administración autonómica.

Así se desprende da sentenza do Alto Tribunal galego, segundo desvelou esta semana o portavoz do Goberno Local, Raimundo González quen asegurou que "entre administracións non debe suceder estas cousas".

Desafectación do centro de ensino de Ponte Sampaio

A Xunta de Goberno tamén solicitou á Costas a desafectación definitiva dos 3.500 metros cadrados nos que se atopa o centro de ensino de Ponte Sampaio.