O Casino Mercantil e Industrial únese á rede de Escolas Deportivas Municipais na especialidade de tenis

61

A Concellería de Deportes incorpora á rede de escolas deportivas municipais a nova escola de tenis que vai poñer en marcha o Casino Mercantil e Industrial.
Estará operativa entre o 1 de outubro deste ano e o 30 de maio do ano próximo.
A escola nace con 60 prazas. Poderán participar os rapaces nacidos entre os anos 1998 e 2007.
Coa intención de facilitar a asistencia, ofrécense tres opcións de horarios:
Sábados, de 9.30 a 10.30 horas, e domingos, de 16.30 horas a 17.30 horas.
Sábados, de 16.30 a 18.30 horas.
Domingos, de 16.30 a 18.30 horas.
O prezo da actividade é de 45 euros, o mesmo que no resto das escolas. As inscricións deben realizarse no Pavillón Municipal de Deportes.     Para máis información pódese chamar ao número 986 87 20 13 ou contactar no enderezo electrónico imd@pontevedra.eu. Tamén pode consultarse toda a información nos seguintes enlaces https://www.facebook.com/imddepontevedra e https://imdpontevedra.blogspot.com.es.

As Escolas Deportivas Municipais ofertan este ano un total 1.860 prazas e funcionan gracias ao investimento municipal de 126.000 euros.
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, destaca que as Escolas son a punta de lanza da política deportiva municipal, na medida en que expresan dun xeito claro o apoio ao deporte base e proporcionan aos clubs unha “canteira” de calidade coa que alimentar aos equipos nas súas sucesivas categorías. Unha fórmula, engade o concelleiro, que, ademais do beneficio social que proporciona, é obrigada en tempos de crise.
A oferta municipal para este ano abrangue un total de 16 disciplinas deportivas: Atletismo, Educación Física de Base, Baloncesto, Balonmán, Fútbol, Fútbol Sala, Judo, Ximnasia Artística e Trampolín, Ximnasia Rítmica e Acrobática, Tenis, Tenis de Mesa, Loita olímpica, Voleibol, Xadrez, Triatlón e Rugby.