Vén! Hai Feira Franca

39

Xoguei co tempo, rompín as ás, baixei, subín, saltei á corda, tirei da soa, caín, erguinme, agacheime, tremín, brinquei coas pedras… xoguei…

Trasnos do tempo viñeron buscarme, suxeitáronme enriba dos zancos… apostei a derradeira carta da baralla, merquei bolboretas, vendín feitizos…

Pousei a man no chan, sentín a calor da festa… descubrín a cidade. Hai feira, Feira Franca