Da Silva destaca o “bo ambiente e a hospitalidade” das festas de Pontevedra

42

A concelleira de Festas, Carme da Silva destacou hoxe a "fantástica participación" de todas as persoas nas festas de Pontevedra que se destacaron polo "seu ambiente e hospitalidade". A concelleira tamén quixo agradecer a profesionalidade de todas as persoas que participaron na organización das festas, dende o servizo de Festas ata técnicos ou músicos e artistas, entre outras moitas persoas.

Para a Concellaría de Festas "o máis gratificante foi a consolidación da praza do Teucro como escenario das actividades infantís das festas do verán, cunha grande afluencia de familias".

Destacou os Cantos de Taberna "como a gran sorpresa do programa, especialmente para os visitantes".