Pontevedra felicita aos olímpicos pontevedreses

90

O Concello de Pontevedra felicita a todos os deportistas olímpicos de Pontevedra pola magnífica competición que están a realizar nos Xogos de Londres. Aínda que están pendentes algunhas probas, quere darlles os seus parabéns por estar a cumprir todos os obxectivos cos que acudiron á máis importante das competicións deportivas mundiais.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández acudirán o vindeiro luns, 13 de agosto, ao aeroporto de Peinador para recibir e felicitar en persoa aos olímpicos da cidade.

O Concello xa traballa na organización dunha recepción oficial de todos os deportistas de Pontevedra que participaron nestes Xogos Olímpicos e aos seus adestradores. A data e hora fixarase en función das axendas dos homenaxeados.