Xabi Fortes, pregoeiro da Peregrina

45

O Xornalista pontevedrés Xabier Fortes foi presentado hoxe como o pregoeiro das Festas da Peregrina 2012 pola concelleira de Festas, Carme da Silva e o propio alcalde, que se atopaba no Concello facendo un alto nas súas vacacións.

Segundo o alcalde e a concelleira, resulta un orgullo que Fortes aceptase pronunciar este importante discurso anual, ao que se convida a unha persoa de relevancia entre a sociedade pontevedresa.

Fortes dixo que entre os seus soños infantís podían figurar xogar no Pontevedra ou mesmo ser presentador de televisión, pero nunca afrontar o pregón da Peregrina, sobre o que leva xa semanas facendo cábalas. Realizará unha mención concreta ao principal equipo de fútbol da cidade, pero non quixo revelar outros contidos, se ben anunciou que especialmente nestes tempos é preciso insuflar ilusión e optimismo entre a cidadanía.