Pontevedra, centro da xustiza terapéutica no mes de outubro

64

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá ao Comité organizador do I Congreso Iberoamericano de Xustiza Terapéutica que se celebrará no Pazo da Cultura entre o 3 e o 5 de outubro. Neste congreso asistirán psicólogos, xuristas, forenses… máis de 200 profesionais procedentes de todo o Estado pero tamén de países como Arxentina, EE UU, Chile, Colombia, México…

A xustiza terapéutica ten por fin incorporar estratexias de resolución de conflictos para ademais de axilizar os procesos, diminuir a reincidencia e intervir nas cuestións de fondo que causan o conflicto legal.

Neste congreso participará David Wexler, director da International Network on Therapeutic Jurisprudence; os vocais do CGPJ: Fernando de Rosa, Antonio Dorado e Margaría Uría; Víctor Moreno, catedrático de Dereito Procesal da Universidade Carlos III de Madrid; os psicólogos José Ignacio Bermúdez e Marisol Lila; Virgina Barber Rioja, psicóloga forense no Bellevue Hospital Center New York University School of Medicine; Maria Silvia Oyhamburu, maxistrada da sala I da Cámara de Apelacións e Garantías no Penal de La Plata, Arxentina; Catalina Dropplemann Roepke, investigadora do Institute of Criminology, da Universidade de Cambridge, asesora da Fundación Paz Caidadana (Chile); entre outros.