Os médicos forenses de Galiza reúnense en Pontevedra

61

O alcalde reuniuse esta mañá co comité organizador da III Xornada científica da Asociación galega de médicos forenses que se reunirá en Pontevedra o vindeiro 30 de novembro. Será unha cita no Colexio Médico de Pontevedra ao que asistirán arredor de 100 profesionais do eido da xustiza e da sanidade.

A Xornada terá dúas ponencias de psiquiatría relacionadas co suicidio, as súas causas, prevención e tratamento. Tamén abordarán a causalidade e a antropoloxía forense coa presenza do profesional, Fernando Serrulla Rech, entre outros ponentes.