Setex Aparki, nova adxudicataria do servizo da grúa

104

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a adxudicación provisional do servizo da grúa, que saíu a contratación o pasado 27 de novembro de 2011. Logo de toda a tramitación administración e da reunión da mesa de contratación, a proposta por unanimidade é adxudicar a concesión á Setex aparky, actual concesionaria.

Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González só se presentou unha única oferta a este concurso, xa que as retiradas da grúa "xa non son un negocio, dado que en Pontevedra o coste é por cada vehículo retirado".

A data límite do contrato é para o 31 de decembro de 2018, e caben prórrogas anuais ata un máximo de tres anos.