Pontevedra apoia aos seus olímpicos

49

O Concello de Pontevedra quere unir ao olimpismo á promoción da cidade a través de convenios de colaboración cos deportistas olímpicos de Pontevedra ou que adestran na cidade do Lérez que quixeron colaborar con esta iniciativa. O alcalde e o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández recibiron esta mañá á piragüista Teresa Portela Rivas, ao triatleta Javier Gómez Noya e á nadadora Beatriz Gómez Cortés cos que asinaron sendos convenios de colaboración para a promoción do olimpismo na cidade.

O alcalde explicou que dentro de pouco tamén se fará cos deportistas paraolímpicos da cidade como Pablo Cimadevial, Juan Saavedra e Gustavo Nieves que non puideron estar neste acto porque atopábanse adestrando fóra de Pontevedra nestas datas.

O alcalde e o concelleiro desexáronlles éxitos na súa competición en Londres, pero independentemente dos seu resultado nas Olimpiadas "estamos encantados de que vivan e adestren na nosa cidade".