O programa de Festas xa está na rúa

40

O programa de festas do verán de Pontevedra xa está na rúa dende esta mañá. Todas as persoas interesadas poden recollelo na Casa do Concello (Michelena, 30), nas oficinas de Turismo da cidade e tamén nas oficinas de Festas do Concello (rúa Churruchaos).

Na programación aparecen todos os eventos festivos promovidos polo Concello durante os meses de xullo, agosto e setembro. Os actos festivos comezan mañá mesmo coa Festividade de San Bieito.