Abre o prazo para participar no mercado, ceas e xantares e na hostalería da Feira Franca

42

A oficina da Feira Franca está aberta ao público dende esta mañá e até o 16 de xullo para presentar as solicitudes para participar tanto nas ceas e xantares, como no mercado ou na hostalería. A oficina estará aberta de 10-14 horas na rúa Alfonso XIII (edificio do antigo conservatorio de Pontevedra).

As normas de participación na Feira Franca (mercado, hostalería, ceas e xantares) pódense descargar no web feirafranca.info