A economía, os servizos sociais, a xuventude e o reforzo das accións territorializadas marcan a reordenación do Goberno Local

71

A economía, os servizos sociais, a xuventude e a necesidade de reforzar a xestión territorializada (barrios e parroquias) son os piares da reordenación de Goberno presentada esta mañá polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; á que se suma, necesidade de ter unha maior coordinación de todas as áreas para conseguir unha mellor optimización dos recursos nos tempos que corren. Ademais, a remodelación tamén se xustifica pola substitución da ex concelleira Lola Dopico por Miguel Filgueira e a compatibilidade da concelleira Carme da Silva co seu cargo de deputada no Parlamento de Galicia.

O alcalde explicou que “o fundamental é que dada a situación de crise o que queremos é sacar as máximas posibilidades económicas do Concello, especialmente atender a cuestións de emerxencia social, facer unha especial adicación a temas de xuventude e preocuparnos dos temas económicos e territoriais”. Asegurou que “o producto desta reordenación, do traballo e desa coordinación farase público na medida en que vaian saíndo propostas -que haberá propostas no futuro-, que aínda están sen matizar”.

Dentro desta reordenación do Goberno –que afecta só ás areas xestionadas polo Grupo municipal do BNG, aínda que a remodelación tamén foi comunicada ao Partido Socialista quen optou por deixar na actual situación as súas áreas-“refórzanse as funcións dos responsables de cada área xeográfica que exercerá todas as competencias municipais dentro deste ámbito, agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, educación, servizos sociais e deportes”. Tamén se reforza a figura do coordinador do grupo municipal –César Mosquera- co propósito de facer unha programación de prioridades.


Reasignación de responsabilidades

Anxos Riveiro:
Cultura: Promoción e xestión da cultura.  Vice-Presidencia do OO.AA. Pazo de Cultura.
Dinamización sociocultural.
Consumo: Fomento do consumo responsábel.
Zonas verdes e parques: Parques urbanos, xardíns, parques infantís.
Praias

César Mosqueira:
Coordinador do Grupo.
Ordenación do territorio e da mobilidade: Instrumentos de Ordenación do territorio e de mobilidade.
Infraestruturas: infraestruturas de comunicación e servizos tanto propias como de outras administracións.
Novo PXOM: Xestión do novo PXOM en tramitación.

Raimundo González Carballo:
Portavoz do Goberno e do GM do BNG.
Comunicación social
Facenda: Orzamentos e racionalización do gasto público, ingresos, autorización e disposición de gastos, ordenación de pagos.
Ciclo da água: subministro de água potábel, sumidoiros e rede de águas residuais.

Vicente García Legísima:
Réxime Interior
Persoal
Patrimonio Municipal.

Carme da Silva:
Protección cidadá: Policía incluída a educación en seguranza viaria e os camiños escolares. Bombeiros. Protección Civil. Ocupación de vía pública.
Resíduos: recollida de resíduos, limpeza viaria e RSU's.
Festas: programación e xestión de actividades lúdicas e festivas.

Luís:
Patrimonio Histórico: Obras e actuacións no Centro Histórico e outros elementos catalogados. Patrimonio cultural e etnográfico.
Sociedade do coñecemento e novas tecnoloxías.
Accesibilidade e Sostemento dos espazos públicos.
Coordinador dos servicios territorializados urbanos
Responsábel da zona urbana norte

Carme Fouces:
Servizos sociais: Servizos Sociais. Drogo-dependencias. Garderías.
Igualdade: Promoción da igualdade
Cemiterios
Responsábel da zona urbana sur: San Xosé, Campolongo, Mollavao, San  Roque, Eduardo Pondal.

Demetrio:
Xuventude.
Montes e parques forestais.
Normalización lingüística.
Coordinador dos servizos territorializados do rural.
Responsábel de: Marcón,  Tomeza, Salcedo, Lourizán, Ponte sanpaio e Canicouva.

Pilar Comesaña:
Responsábel de: Lérez-Alba-Cerponzóns-Campañó:

Miguel Filgueira:
Fomento do uso da bicicleta.
Transporte público. Buses e taxis.
Sanidade: sanidade animal. Canceira e animais abandonados.
Responsábel de: Verducido-Sª Mª Xeve-Sº André Xeve-Bora, Mourente.