Pontevedra presume de iluminación en Amsterdam

66

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta semana á dirección da empresa Setga, de iluminación, que acaba de gañar un concurso de iluminación pública na cidade de Amsterdam denominado “La alfombra roja” de tres millóns de euros para a colocación da iluminación pública da avenida central da cidade e da zona máis turística con máis de 2.000 farois que Setga diseñou e confeccionou en exclusiva para este concurso.
O alcalde destacou que o Concello de Pontevedra e a empresa foron crecendo da man durante os últimos anos, e hai catro anos Setga deu o paso a internacionalización dos seus produtos chegando a situalos en México, Costa Rica, nos países árabes, en grande parte de Europa… 
O alcalde resaltou a importancia de que experiencias e proxectos como os de Setga se coñezan na cidade para que se saiba que empresas de Pontevedra compiten con éxito en todos os continentes.