Pontevedra, basoira de prata

87

O Concello de Pontevedra recibe esta tarde a Basoira de prata concedida pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente (ATEGRUS) no marco da Feira Internacional do Urbanismo e do Medio Ambiente, Tecma, que se está a celebrar entre o 12 e o 15 de xuño no Ifema, en Madrid. O premio será recollido pola concelleira de Servizos, Carme da Silva, que se trasladou a Madrid para recoller este galardón en nome do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

A gala de entrega das “Basoiras de Ouro” chega este ano á súa XIII edición e está pensada para premiar os traballo de municipios, mancomunidades, cabildos, comunidades autónomas, empresas, enxeñerías ou consultorías que destacan na xestión de residuos e limpeza urbana.

Segundo a propia información do IFEMA, nesta edición hai unha notable presenza de cidades iberoamericanas (chilenas e, sobre todo, mexicanas) que optan ao premio, que conta cun apartado iberoamericano.

O acto de entrega de Basoiras de Ouro celebrarase ás 18.00 horas e estará presidido polo embaixador de México en España, Francisco Javier Ramírez Acuña, acompañado do presidente da Xunta reitora do IFEMA, José María Álvarez del Manzano, así como por Alfonso Maillo, membro de Honor de Ategrus, e o por Rafael Apraiz, vicepresidente e director executivo de Ategrus.