O Plan económico financieiro desvela a boa saúde das arcas municipais

83

O pleno municipal debate hoxe o Plan económico financieiro 2012-2013 elaborado para o Concello de Pontevedra para poder solicitar un crédito de pouco máis de tres millóns de euros.
Raimundo González, concelleiro de Economía e Facenda, lembrou que nun marco de crise estrutural, cun rescate de 100.000 millóns de euros para a banca (“o que demostra que os recortes en Sanidade e Ensino de 10.000 millóns non serían necesarios, dado que o problema está na banca”) e un constante empobrecemento da poboación derivado das subas do IVE, recorte das pensións, baixada de soldos, desemprego… “aos concellos non nos deixan gastar os nosos aforros”.
Explicou que o Concello de Pontevedra dispón de remanentes de Tesourería, “por iso o pasado ano gastaouse máis que se ingresou e eso fixo que entráramos en inestabilidade circunstancial”. Ante esta situación o Concello vese na obriga legal de elaborar un plan económico financieiro derivado da nova lexistación de déficit cero coa modificación da Constitución e outros reais decretos sobre estabilidade, para solicitar un crédito de pouco máis de 3 millóns de euros. Este plan deberá ser estudado pola Xunta e o Goberno central que darán autorización a esta operación de préstemo.