Vén escoitar os Sete falares!

40

A cidade descubrirá o vindeiro fin de semana unha nova oferta da Concellaría de Cultura, que incorpora á súa programación anual: "Sete falares: Encontro internacional de contadores de historias" que se desenvolverá en distintos espazos da cidade entre o 8, 9 e 10 de xuño.

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro explicou que se trata dunha oferta que ten como eixo a praza de España e que permitirá á xente pasear a atoparse cos contadores de historias. Agradeceu a colaboración da Deputación de Pontevedra ao prestar as ruínas de San Domingos como un dos escenarios destes contos.

Nesta programación que se pode consultar en twitter ou en facebook participarán contadores de historias galegos, de España, de Brasil, de Portugal e de Reino Unido en sesións de mañá e tarde e con escenarios como o CITA, as ruínas de San Domingos, a bordo un barco pola ría, no Teatro Principal, na Casa das Campás, na praza de Santa María, en horarios de mañá e tarde.