A Ferraría acolle este sábado a Feira do Libro Antigo e de Ocasión

52

O Concello de Pontevedra e a Federación de Libreiros de Galicia colaboran para a celebración da 16 edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Pontevedra que estará o vindeiro sábado, 2 de xuño, ás 13.00 horas na praza da Ferraría. Estará aberta ata o vindeiro 17 de xuño en horario de 11 a 14 horas e de 17.30 a 21.30 horas.

Participarán nesta edición as librerías:

  • Intonso-Cao, de Pontevedra
  • Solpor, de Vigo
  • El asilo del ibro e Al Tossal, de Valencia
  • Cajón desastre, de Ponferrada
  • Marcos Cachuán, de Madrid
  • Maxtor, de Valladolid
  • Pariente, de Rueda
  • Mario Montoya de Toledo

Nesta feira estarán a disposición de todos os visitantes máis de 40.000 exemplares de libros antigos, vellos, de saldo e de ocasión, con excelentes oportunidades para bibliófilos, coleccionistas e lectores, que poderán adquirir a prezos moi interesantes.