O Concello quere pagar a proveedores en 30 días

78

O Concello de Pontevedra ten por obxectivo o pago das facturas a proveedores a 30 días (20 naturais). Para iso están mantendo reunións diversos servizos municipais: servizos xurídicos, contratación, intervención, persoal xunto aos concelleiros responsables de Economía e Facenda, e Persoal "para intentar pagar as facturas do Concello en menos dun mes", segundo o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González.

"Estamos analizando os pasos a dar para axilizar os pagos", explicou Raimundo González quen confía en que o 99% das facturas poderanse pagar no prazo dun mes. Na actualidade o pago supera os 60 días.

A tramitación das facturas no Concello de Pontevedra sigue estes pasos:

  1. Presentación no Rexistro Xeral.
  2. Pasa ao Órgano de xestión orzamentaria (Contabilidade).
  3. Distribución ao servizo que emitiu o servizo (obras, servizos sociais…) para que dea a conformidade.
  4. Volve a Contabilidade para cargar a factura.
  5. Informe de Intervención que dá a conformidade.
  6. Nalgúns casos hai que facer resolución do servizo de Contratación.
  7. Volve a Contabilidade
  8. Tesourería autoriza o pago.

Esta decisión permite eliminar problemas de carácter interno na xestión dos informes e dos trámites que afecten á demora das resolucións.

A Concellaría de Economía e Facenda quere axilizar os pagos, unha medida especialmente importante nesta situación de crise e parálise económica, que permitirá mellorar a circulación da economía local.