As tasas de delincuencia en Pontevedra están en cifras de “resistencia”

59

O concello de Pontevedra atópase en cifras de "residencia" en relación as taxas de delincuencia segundo confirmaron esta mañá o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o subdelegado do Goberno, Antonio Coello, logo de presidir a Xunta Local de Seguridade que se celebrou no Concello. Son datos "difíciles de baixar" porque están xa bastante baixas.

No transcurso desta reunión á que asistiron a Garda Civil e as policías Local e Nacional, ofrecéronse datos como que entre os anos 2007 e 2011 apréciase unha baixada continuada de infraccións do 11,4% que se mantén no primeiro trimestre de 2012.

O denominado Obxectivo específico que o integran os delitos de roubos con forza, violencia contra as persoas ou substraccións de vehículos, aqueles delitos que causan maior inseguridade entre os veciños, tamén rexistran unha baixada constante dende o ano 2007 fixada nun 26,17%.

Os roubos con forza en vivendas tamén viviron un descenso significativo tanto na zona urbana, nun 43% como no rural, 35%.

Cabe lembrar que a taxa de criminalidade estatal está en 52,01 por mil, mentres que a de Pontevedra capital é de 31,61 por mil.

Si destacaron tanto o alcalde como o subdelegado do Goberno o incremento de denuncias polas denominadas apropiacións indebidas, que son pequenos furto que segundo os axentes policiais pode deberse ao exceso de confianza dos veciños. Son furtos de móbiles, de chaquetas en locais de lecer, de pequenas propiedades a maior parte extraviadas por parte dos seus propietarios que acaban sendo denunciadas nas policías.

O subdelegado do Goberno concluíu que "Pontevedra é unha cidade segura".

Outro dos acordos desta reunión foi ampliar as zonas de control de tráfico por parte da Policía Local: o barrio de Ponte Muíños, a avenida de Marín ata a rotonda de Malvar e a parroquia de Lérez ata o cemiterio parroquial e a ponte de Monte Porreiro.