Máis de 1,5 millóns de euros para novas inversións

83

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá unha partida de máis de 1,5 millóns de euros para novas inversións, segundo explicou o concelleiro de Facenda e portavoz do Goberno, Raimundo González. Este investimento sae do remanente líquido de tesourería, o que implica incrementar o orzamento en vigor.

Destacou o portavoz que se trata dun investimento importante que vai destinado a moitas inversións pequenas pero moi importante para os barrios e as parroquias.

Forman parte desta nova inversión:

  • 245.000 euros paa a segunda fase do programa Monte Vigo
  • 200.000 para obras de accesibilidade
  • 152.000 euros para a pista do camiño entre Ferreirós e Sabarís.
  • 150.000 euros para as expropiacións de Pasarón e tamén para o primeiro edificio xudicial.
  • 144.000 euros para a reforma urbana
  • Sumidoiros
  • Iluminación pública: 57.000 euros…