Pontevedra volve a colaborar cos cursos de verán da Uned

66

O Concello de Pontevedra volve a colaborar coa Uned na celebración dos cursos de verán da institución que este ano chega a súa XXIII edición. O convenio de colaboración foi asinado esta mañá polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a directora do centro asociado da Uned de Pontevedra, Beatriz Rodríguez. A achega do Concello a estes cursos é de 9.400 euros.

Nesta edición a Uned organiza catro cursos: dous en Pontevedra na primeira senama de xullo, outro en Tui tamén nas mesmas datas; e outro na Lama a segunda semana de xullo.

En  Pontevedra abordaranse as enerxías renovables e tamén o Movemento olímpico. En ambos estarán ponentes de máximo nivel. O alcalde destacou a importancia de que a capital do Lérez acolla estes dous cursos, especialmente o de deporte, dado que pode considerarse a Pontevedra a cidade olímpica e paralímpica de Galicia.

Tamén destacou a importancia da Uned para Pontevedra xa que ten máis de 6.000 alumnos. De feito, mencionou a sinatura dun futuro convenio coa Uned Central e a Deputación para a ampliación das instalacións e a construción dunha aula de exames máis ampla.