Alfonso Sanz: “Pontevedra significa un antes e un despois da mobilidade e da calidade de vida”

102

“Quero dar as grazas ao alcalde e a Pontevedra por darme a oportunidade de ver que, as veces, as travesías no deserto que pasamos algunhas persoas formulando ideas que foron, cando menos, raras porque esixía unha transformación importante dos modelos de cidade, levaron a froitos tan satisfactorios como é o de Pontevedra. Que significa un antes e un despois en relación á mobilidade e á calidade de vida, nun espazo tan grande como é Pontevedra. Creo que é unha satisfacción, despois de tantos anos pretendendo que moitas outras cidades o fixeran, sen conseguilo”.

Nestes termos se expresaba Alfonso Sanz Alduán, un dos maiores expertos do Estado en mobilidade nas cidades. A súa visita esta mañá ao Concello de Pontevedra está enmarcada dentro da programación de promoción da bicicleta no medio urbano, impulsada pola Concellaría de Mobilidade, dirixida por Luís Bará, e acordada dentro da Mesa da Bicicleta de Pontevedra.

Na súa comparecencia pública acompañado do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, confesou que “non é frecuente atopar casos tan completos como o de Pontevedra. Existe un problema de fondo que é a falta de coordinación dos departamentos do propio concello, e decisións políticas que son contraditorias. É importante que o departamento de urbanismo estea no mesmo proxecto de cidade que o de circulación, o de asuntos sociais… porque todos xeran o modelo de mobilidade. Se facemos unha cidade agradábel, dende o punto de vista do urbanismo e cunhas distancias adecuadas, o peón será o rei. Outras cidades teñen fama de facer ben os deberes neste tema, pero as veces, non se reúnen tanto os departamentos, nin se fai de forma tan ben feita e tan adecuada como en Pontevedra”.

Alfonso Sanz mantivo unha xornada de traballo cos responsables políticos e técnicos municipais na que abordaron os modelos urbanos (cara onde deben ir as cidades?), a experiencia de Pontevedra, a normativa, e a mobilidade (ordenación do espazo público, seguranza viaria, accesibilidade…).

Tamén tivo a oportunidade de coñecer o modelo de cidade, na práctica, nunha visita a Pontevedra acompañado polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o concelleiro de Mobilidade, Luís Bará, o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera e o xefe da Policía Local, Daniel Macenlle.

A súa visita concluirá esta tarde, ás 18.00 horas, cunha conferencia na Casa das Campás sobre a mobilidade nas cidades.

A visita de Alfonso Sanz inclúese no marco doutras visitas que xa recibiu a cidade de Pontevedra en relación ao seu modelo de cidade. A última foi a do anterior director xeral de Tráfico, Pere Navarro que visitou a Pontevedra cumprindo co compromiso previo formalizado co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores durante a entrega do premio á mellor práctica urbana concedido a Pontevedra pola DXT e pola FEMP no II Encontro de cidades pola seguridade viaria celebrado o pasado ano en Córdoba.

Curriculum

Alfonso Sanz Alduán é xeógrafo, matemático e técnico Urbanista. Traballou como consultor nunha vintena de cidades españolas, colaborando na súa planificación urbanística e de mobilidade. Realizou numerosos estudos e informes para a mellora dos modos de transporte non motorizados (peóns e bicicletas) e colectivos (autobuses e ferrocarrís).

Entre as súas publicacións destacan:

• Hacia la reconversión ecológica del transporte en España (La Catarata, Bilbao, 1996).
• Calmar el tráfico. Pasos para una nueva cultura de la movilidad urbana (Ministerio de Fomento, 2008).
• La bicicleta en la ciudad (Ministerio de Fomento, segunda edición 1999).

Libros
• La Estrategia Española de Movilidad Sostenible y los Gobiernos Locales  Alfonso Sanz, Màrius Navazo y Miguel Mateos  Red Española de Ciudades por el Clima. Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), 2010
• Urbanismo y movilidad sostenible  Alfonso Sanz Alduán  NASURSA. Gobierno de Navarra, 2010
• Calmar el tráfico. Pasos para una nueva cultura de la movilidad urbana  Alfonso Sanz Alduán  Ministerio de Fomento. 2008
• Pla de Mobilitat Urbana: avaluació ambiental en la planificació de la mobilitat  Alfonso Sanz, Màrius Navazo y Rufí Cerdan  Generalitat de Catalunya. Departament de Medi Ambient i Habitatge. 2008
• Viure i circular: Idees i tècniques per moderar el trànsit [Guia per a l’acció municipal]  Alfonso Sanz Alduán  Direcció General de Canvi Climatic i Educació Ambiental. Conselleria de Medi Ambient. Govern de les Illes Balears. 2008
• La bicicleta en la ciudad. Manual de políticas y diseño para fomentar el uso de la bicicleta como medio de transporte  Alfonso Sanz, Rodrigo Pérez Senderos y Tomás Fernández  Ministerio de Fomento. 1999
• Hacia la reconversión ecológica del transporte en España  Antonio Estevan y Alfonso Sanz  Editorial Los libros de la Catarata. Bakeaz. 1996

Publicacións de referencia

• Plan Director de Movilidad Ciclista de Madrid  Alfonso Sanz (dir.)  Ayuntamiento de Madrid. 2008
• Transporte público vertical  Alfonso Sanz  Ayuntamiento de Donostia-San Sebastián. 2006
• San Sebastián: la ciudad de las bicicletas  Alfonso Sanz  Ayuntamiento de Donostia-San Sebastián. 2006
• Movilidad en Menorca. Datos para la reflexión  Alfonso Sanz  Observatorio Socioambiental de Menorca. 2005
• Donostia camina  Alfonso Sanz  Ayuntamiento de Donostia-San Sebastián. 1999

Alfonso Sanz foi premio Mª Angels Jiménez de Seguridad Vial del Ayuntamiento de Barcelona (2000) e Premio “Ciudad, Urbanismo y Ecología” del Colegio Oficial de Arquitectos Vasco-Navarro (2001).