O Concello de Pontevedra recibe mañá a visita de Alfonso Sanz Alduán, un dos maiores expertos do Estado en mobilidade nas cidades. A súa visita está enmarcada dentro da programación impulsada pola Concellaría de Mobilidade, dirixida por Luís Bará, acordada dentro da Mesa da Bicicleta de Pontevedra.
Alfonso Sanz manterá unha xornada de traballo cos responsables políticos e técnicos municipais en relación ao modelo de cidade de Pontevedra, e terá oportunidade de coñecer na práctica esta modelo cunha visita á cidade. Tamén participará nunha conferencia aberta á toda a cidadanía prevista para as 18.00 horas na Casa das Campás.
Curriculum
Alfonso Sanz Alduán é xeógrafo, matemático e técnico Urbanista. Traballou como consultor nunha vintena de cidades españolas, colaborando na súa planificación urbanística e de mobilidade. Realizou numerosos estudos e informes para a mellora dos modos de transporte non motorizados (peóns e bicicletas) e colectivos (autobuses e ferrocarrís).
Entre as súas publicacións destacan:
• Hacia la reconversión ecológica del transporte en España (La Catarata, Bilbao, 1996).
• Calmar el tráfico. Pasos para una nueva cultura de la movilidad urbana (Ministerio de Fomento, 2008).
• La bicicleta en la ciudad (Ministerio de Fomento, segunda edición 1999).
•
Libros
• La Estrategia Española de Movilidad Sostenible y los Gobiernos Locales Alfonso Sanz, Màrius Navazo y Miguel Mateos Red Española de Ciudades por el Clima. Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), 2010
• Urbanismo y movilidad sostenible Alfonso Sanz Alduán NASURSA. Gobierno de Navarra, 2010
• Calmar el tráfico. Pasos para una nueva cultura de la movilidad urbana Alfonso Sanz Alduán Ministerio de Fomento. 2008
• Pla de Mobilitat Urbana: avaluació ambiental en la planificació de la mobilitat Alfonso Sanz, Màrius Navazo y Rufí Cerdan Generalitat de Catalunya. Departament de Medi Ambient i Habitatge. 2008
• Viure i circular: Idees i tècniques per moderar el trànsit [Guia per a l’acció municipal] Alfonso Sanz Alduán Direcció General de Canvi Climatic i Educació Ambiental. Conselleria de Medi Ambient. Govern de les Illes Balears. 2008
• La bicicleta en la ciudad. Manual de políticas y diseño para fomentar el uso de la bicicleta como medio de transporte Alfonso Sanz, Rodrigo Pérez Senderos y Tomás Fernández Ministerio de Fomento. 1999
• Hacia la reconversión ecológica del transporte en España Antonio Estevan y Alfonso Sanz Editorial Los libros de la Catarata. Bakeaz. 1996
Publicacións de referencia
• Plan Director de Movilidad Ciclista de Madrid Alfonso Sanz (dir.) Ayuntamiento de Madrid. 2008
• Transporte público vertical Alfonso Sanz Ayuntamiento de Donostia-San Sebastián. 2006
• San Sebastián: la ciudad de las bicicletas Alfonso Sanz Ayuntamiento de Donostia-San Sebastián. 2006
• Movilidad en Menorca. Datos para la reflexión Alfonso Sanz Observatorio Socioambiental de Menorca. 2005
• Donostia camina Alfonso Sanz Ayuntamiento de Donostia-San Sebastián. 1999
Alfonso Sanz foi premio Mª Angels Jiménez de Seguridad Vial del Ayuntamiento de Barcelona (2000) e Premio “Ciudad, Urbanismo y Ecología” del Colegio Oficial de Arquitectos Vasco-Navarro (2001).