OS XOVES DE MODA: MANUEL BOLAÑO

12

Hora: 19:00 h.

Lugar: Casa das Campás

 

Manuel Bolaño (www.manuelbolaño.com)

 

Deseñador Galaico-Catalán que dende 2007 inicia a súa traxectoria firme como novo deseñador, que esperta interese po onde queira que vai, cos seus deseños de volumes imposibles, o gusto polo saber facer ancestral e a selección de tecidos e estructuras nostálxicas aínda que contemporáneas. As súas pezas están no límite entre o deseño e a arte, e delas despréndese o amor polos talleres tradicionais e a artesanía no seu estado máis puro.

 

O ciclo "Os xoves de Moda" é un programa de formación complementaria que intenta ser un proxexto de continuidade e ten a vontade de introducir unha dinámica de transversalidade no ámbito dos Estudos Superiores  en Deseño Téxtil e Moda de Galiza. É unha fiestra aberta que lles permite aos estudante de ESDEMGA achegarse á realidade do sector téxtil a través do contacto con diferentes profesionais do ámbito do deseño e da moda, expertos en comunicación, produción, estilismo, etc. Dende a Direción de ESDEMGA e a Viecerreitoría do Campus de Pontevedra ponse en marcha un conxunto de seminarios, conferencias e encontros con recoñecidos profesionais vinculados con sector.En esta séptima edición dos Xoves de Moda as xornadas buscan potenciar o valor do obxecto único, do saber facer, da artesanía máis contemporánea reinterpretada dende unha visión experimental e innovadora.

Ver documento PDF