OS XOVES DE MODA: IVÁN MARTÍNEZ

16

Hora: 19:00 h.

Lugar: Casa das Campás

 

Iván Martínez (www.lacasitadewendy.com)

 

Inés Aguilar e Iván Martínez son os dous deseñadores de MAdrid que están detrás de "La Casita de Wendy". Arquitecta e filósofo respectivamente, comezaron a deseñar xuntos roupa fai sete anos. Os seus modelos caracterízanse por un forte uso das cores, polas formas orixinais, sobre a base de contos de fadas.

 

O ciclo "Os xoves de Moda" é un programa de formación complementaria que intenta ser un proxexto de continuidade e ten a vontade de introducir unha dinámica de transversalidade no ámbito dos Estudos Superiores  en Deseño Téxtil e Moda de Galiza. É unha fiestra aberta que lles permite aos estudante de ESDEMGA achegarse á realidade do sector téxtil a través do contacto con diferentes profesionais do ámbito do deseño e da moda, expertos en comunicación, produción, estilismo, etc. Dende a Direción de ESDEMGA e a Viecerreitoría do Campus de Pontevedra ponse en marcha un conxunto de seminarios, conferencias e encontros con recoñecidos profesionais vinculados con sector.En esta séptima edición dos Xoves de Moda as xornadas buscan potenciar o valor do obxecto único, do saber facer, da artesanía máis contemporánea reinterpretada dende unha visión experimental e innovadora.

Ver documento PDF