O alcalde e Unipublic asinan un acordo de ocupación de 1.200 camas durante catro días durante a Volta ciclista a España

53

O alcalde de Pontevedra e o director xeral de Unipublic, Francisco Javier Guillén asinaron onte pola tarde o acordo de colaboración para a chegada a XI etapa da Volta ciclista a España á cidade de Pontevedra o vindeiro 29 de agosto. Trátase dunha contrareloxo de 39 quilómetros entre Cambados e Pontevedra que traerá á cidade entre 190 e 200 ciclistas.

O alcalde lembrou que esta etapa entrará na cidade pola ponte da Barca para achegarse por Alfonso XIII ata Arcebispo Malvar, praza de España, Michelena, praza de Ourense, Cobián Roffignac, Pai Amoedo, Avenida de Bos Aires, Rafael Areses e Avenida de Compostela.

Resaltou que os intereses municipais pretenderon que a etapa pasase polo centro da cidade para resaltar o seu atractivo histórico e para facilitar a etapa a todos os cidadáns que se queiran achegar a Pontevedra esta tarde. Pero a Volta ciclista chegará a Pontevedra na tarde do día 26 para pasar o día de descanso na nosa cidade. O día 28 está previsto un pase de etapa cara Sanxenxo.

Trátase dunha reserva mínima de 1.200 camas durante catro días, e o Concello comprométese a pór toda a infraestrutura para o perfecto desenvolvemento desta etapa así como unha achega de 80.000 euros, "un investimento máis que razonable en comparación á proxección que se vai facer da cidade, xa que a sinal de televisión darase para 150 países".

Javier Guillén destacou que o gasto diario estimado é de 150.000 euros, cifra que se pode incrementar tendo en conta o número de xornalistas e acompañantes na volta ciclista.

O alcalde expresou a satisfacción do Concello en asinar este acordo, e deixou abertas as portas a futuras colaboracións.

Ver documento PDF