ABERTO O PRAZO DO 2º CERTAME DE EROTISMO NOITES ABERTAS
Dende o programa Noites Abertas presentamos a 2ª edición do Certame de Erotismo como espazo para o encontro artístico en formato visual e auditivo do feito sexual humano no seu matiz erótico.
· TEMA: "O Erotismo".
· CATEGORÍA ÚNICA: mellor representación artística (pintura, escultura, debuxo, cómic,poesía, fotografía, conto, …).
· PARTICIPANTES: mozos e mozas entre os 18 e 30 anos.
· PRAZO: presentación de propostas ata o 13 de abril de 2012, inclusive.
· LUGAR DE PRESENTACIÓN: Coordinación de Noites Abertas – Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra – Casa Azul, rúa Sor Lucía, 2, 3º andar, 36002 Pontevedra
· INFORMACIÓN: Tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.eu