Andaina pola parroquia de Salcedo. Actividades previas da I Xeira do Patrimonio do Rural

17

Hora: 9:30 h.

Lugar: Capela de San Brais

 

Andaina pola parroquia de Salcedo. Saída ás 9.30 horas na capela de San Brais. Percorrido por Matalobos, Cabanas, muíños da Cancela, muíños do Batán, castro das Croas, Igrexa de Salcedo… Actividades do programa A  Xeira do Patrimonio.

 

O vindeiro sábado 21 de abril vai ter lugar a 1ª Xeira do Patrimonio do Rural, unha iniciativa de dinamización do patrimonio cultural das parroquias que nesta primeira edición vaise celebrar na parroquia de Salcedo. As xeiras do patrimonio teñen a intención de crear complicidades, de xerar orgullo e autoestima, de facernos felices compartindo a festa, a conversa, a andaina, o lecer, a memoria e o porvir. Sabemos da enorme riqueza de bens materiais e inmateriais que atesouran as parroquias, e queremos que sexan fonte de iniciativas, de dinamismo, de novos proxectos para construírmos entre todos un rural máis activo, máis unido e máis comprometido co seu futuro.

 

A Xeira do Patrimonio é unha iniciativa compartida polo Concello de Pontevedra e as asociacións veciñais, de montes, culturais, deportivas, de nais e pais…, aberta a todas as asociacións e persoas que se animen a compartir este tempo de festa, de conversa e de arelas comúns. No caso de estardes interesados en participar no xantar (prezo 12 euros/6 para nenos e nenas ata 8 anos) podedes poñervos en contacto con algunha das asociacións de Salcedo ata o domingo 15 de abril.
Vinde celebrar o patrimonio común construído pola xente traballadora ao longo dos séculos porque é un tesouro que temos que compartir e animar cada día para que teña un vizoso porvir.
 

 

 

 

 

Ver documento PDF