XVIII CERTAME DE BANDA DESEÑADA BEN VEÑAS, MAIO

13

 

As obras serán orixinais e inéditas. No tema deberá reflexionarse sobre o uso e valoración das linguas e os textos serán en lingua galega. Poderá utilizarse calquera técnica, mais só en branco e negro. O formato será DIN-A4 ou ampliacións oureducións proporcionais. A extensión será de dúas páxinas como mínimo e de seis como máximo. Deberán presentarse orixinal e fotocopia de cada unha das obras.


Establécense dúas categorías:
a) Ata 14 anos inclusive
b) A partir de 15 anos


Os premios serán os seguintes:
Primeiro premio: 150 € e lote de libros
Segundo premio: 75 € e lote de libros

 

Bases Xerais: Entre as actividades que o Concello de Pontevedra organiza para promover a lingua galega, figura a a iniciativa “Ben Veñas, Maio”. De acordo cos obxectivos da programación para a normalización da lingua galega entre a mocidade, Ben Veñas, Maio procura acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas, promovendo a presenza da lingua en actividades especialmente dirixidas a adolescentes e que incentiven tanto a creatividade, a participación e a comunicación en galego, como a reflexión sobre o uso e a situación da nosa lingua. Todos os apartados están dirixidos ao alumnado dos centros de ensino secundario do concello de Pontevedra.

Ver documento PDF