O Consello do Patrimonio estuda o Plan xeral de actuacións sobre o patrimonio cultural no rural

43

O Consello Asesor do Patrimonio reúnese esta tarde no Pazo da Cultura para abordar o Plan xeral de actuación sobre o patrimonio cultural nas parroquias de Pontevedra. O conselleiro de Patrimonio histórico, Luís Bará explicará que a iniciativa de elaboración e aprobación dun plan do patrimonio das parroquias de Pontevedra é resultado da vontade do Concello de Pontevedra de concentrar enerxías, recursos e liñas de actuación na protección, estudo, recuperación, promoción e aproveitamento socioecnómico do patrimonio cultural (material e inmaterial) do espazo rural ao longo do período 2012-2015.

Este compromiso enmárcase na consideración do rural como un ámbito prioritario e estratéxico de actuación no citado período, o que conlevará actuacións en materia de infraestruturas, servizos, equipamentos, dinamización sociocultural, e patrimonio cultural e natural.

O presente plan deseña un programa xeral de actuación que deberá concretarse no espazo e no tempo en funcións de diversas variables:
– Recursos económicos disponíbeis.
– Diagnose dos recursos existentes en cada parroquia, interese desde o punto de vista patrimonial, e viabilidade das intervencións.
– Grao de implicación do tecido social de cada parroquia no proceso de recuperación, custodia e dinamización.
– Repercusión positiva no desenvolvemento comunitario en termos de fixación de poboación, creación de emprego, atracción de visitantes…

O proceso de desenvolvemento das liñas de actuación e as medidas contempladas no documento asumen os seguintes criterios xerais:
– Consideración das parroquias rurais de Pontevedra como un espazo complexo e diverso, que precisa de actuacións de carácter transversal (ordenación do territorio, desenvolvemento socioecómico, posta en valor dos recursos culturais e naturais, calidade de vida, equidade), mais tamén adaptadas á realidade de cada unha delas.
– Superación da imaxe das parroquias como un espazo idílico, depositario das esencias identitarias e obxecto da atención paternalista das elites urbanas.
– En consecuencia co anterior, priorización das medidas encamiñadas a promover a implicación e o protagonismo da comunidade en xeral e das entidades sociais (comunidades de montes, asociacións veciñais, asociacións culturais, de mulleres, xuvenís, deportivas, educativas…) na mellora da calidade de vida e o desenvolvemento social, cultural e económico dos seus territorios.

Finalmente, o plan de actuación parte da asunción da seguinte realidade:
– o estado de precariedade e abandono de grande parte dos bens culturais situados no ámbito rural;
– a certeza de que existen numerosos bens que ou ben aínda non foron identificados ou non se coñece a súa localización e estado de conservación;
– a urxencia dunha actuación de carácter global, planificada e continuada no tempo;
– o descoñecemento por parte da sociedade en xeral da riqueza, antigüidade e diversidade dos bens patrimoniais materiais e inmateriais existentes;
– a convicción de que se trata de elementos fundamentais para coñecer a historia e a identidade de Pontevedra, ademais de recursos con grande rendibilidade para o presente e o futuro.

As liñas de actuación que propón este Plan son as seguintes:

Liña estratéxica 1. Desenvolvemento de plans e programas integrais sobre o patrimonio

– Acción 1. Elaboración e desenvolvemento do plan do patrimonio rural.

– Acción 2. Desenvolvemento de proxectos multidisciplinares (patrimonio natural e cultural) en territorios que conten con bens e recursos de especial interese e co impulso da iniciativa social.

– Acción 3. Programa da memoria oral.
o Historias de vida
• Memoria de muller
o Memoria da represión
o Literatura de tradición oral
o Proxecto Xeve de memoria
o O programa de memoria oral desenvolverase tamén en relación cos proxectos multidisciplinares e cos programas de catalogación do patrimonio material)

– Acción 4. Programa da memoria gráfica e audiovisual.
o Memoria gráfica: recompilación, catalogación e difusión de fotografías históricas do rural, con especial atención a aquelas imaxes que sirvan como documento de modos de vida, tradicións, costumes, oficios, festas, paisaxes, construcións…
o Memoria audiovisual: recompilación, catalogación e difusión de gravacións audiovisuais representativas da evolución sociocultural e conómica das parroquias de Pontevedra.
Liña estratéxica 2. Catalogación e protección

– Acción 1. Catálogo xeral do patrimonio cultural a partir dos traballos realizados para o PXOM. Incluirá a actualización e revisión do catálogo actualmente en vigor.

– Acción 2. Elaboración dun catálogo do patrimonio etnográfico material (arquitectura tradicional) aproveitando os traballos realizados no marco do plan PRODER.
– Acción 3. Desenvolvemento dun programa xeral de actuación en relación co patrimonio inmaterial que contemple con carácter prioritario o estudo e difusión de:
o A toponimia de Pontevedra
o Os oficios e actividades produtivas
o As crenzas, mitos, lendas e saberes tradicionais
o As festas
o Os xogos
o A literatura de tradición oral

– Acción 4. Mapa de riscos do patrimonio cultural.

Liña estratéxica 3. Conservación e restauración do patrimonio material. Trátase de facer un documento no que se inclúan as actuacións inmediatas e a medio prazo en relación ao patrimonio arqueolóxico, arquitectónico, etnográfico e espazos e lugares de interese histórico-cultural.


Liña estratéxica 4. Programas de sensibilización e difusión.

– Acción 1. Desenvolvemento de proxectos temáticos sobre a memoria colectiva, elementos do patrimonio e da paisaxe, manifestacións festivas, acontecementos históricos… 

– Acción 2. Organización de xornadas temáticas sobre o patrimonio cultural e natural.
o Educación patrimonial.
o Custodia do territorio.
o Aproveitamento socioeconómico do patrimonio.

– Acción 3. Organización de voluntariado para a protección e recuperación do territorio, a paisaxe e o patrimonio cultural, así como iniciativas de custodia do territorio.

– Acción 4. Creación dun espazo virtual de información e promoción do patrimonio cultural de Pontevedra e a súa área territorial.

Liña estratéxica 5. Aproveitamento socioeconómico do patrimonio.

– Acción 1. Roteiros do patrimonio cultural e natural das parroquias.

– Acción 2. Organización de eventos (conmemoracións, actos institucionais, xornadas de “portas abertas”, festas) centrados en elementos singulares do patrimonio, a historia e a paisaxe.

– Acción 3. Proxectos e programas de dinamización económica arredor do patrimonio cultural e natural.
o Oficios tradicionais
o Festas
o Dinamización turística