A Concellaría de Normalización Lingüística e de Xuventude organiza en colaboración coa sala Karma "Galegote rock", un programa de concertos de bandas galegas co que se pretende levar a normalización lingüística aos mozos "que é a franxa de idade máis difícil de chegar dende o punto de vista das institucións", segundo explicou o concelleiro Demetrio Gómez.
Galegote rock ten a seguinte programación:
- 12 de abril: Roger de Flor e o marqués das Vinhas (acústico no Pequeño Karma)
- 20 de abril: Ruxe Ruxe
- 18 de maio: Zënzar
- 22 de xuño: Nao
- 30 de xuño: Terbutalina.