O departamento de Parques e Xardíns realiza dende esta mañá a tala dun tilo da Alameda da cidade dado que xeneraba unha situación de perigo ao atoparse enfermo e con risco de caída.
Os traballos vanse desenvolvendo durante todo o día coa poda das polas da árbore, que ten unha afección fúnxica non recuperable.