A Concellería de Educación subvencionará ás actividades das ANPA con case 25.000 euros

64

A Concellería de Educación apoiará ao movemento educativo pontevedrés cunha nova convocatoria das axudas para financiar actividades sen ánimo de lucro desenvolvidas polas Asociacións de Nais e Pais (ANPA) que desenvolvan actividades durante o curso escolar 2011-2012.
O importe total das axudas será, nesta convocatoria, de 24.670 euros. O importe de cada subvención non poderá exceder do 50% do custo da actividade.
O concelleiro, Agustín Fernández, destaca que o seu departamento, que apostaba inicialmente por canalizar todas as actividades extraescolares a través do convenio con Fanpa-Pontevedra, decidiu manter este tipo de axudas tras recibir a petición expresa das propias ANPA, dado que trátase da única vía de financiamento coa que contan para poder organizar actividades concretas e demandadas polas súas respectivas comunidades escolares.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases e a convocatoria. As axudas poderán solicitarse no período dun mes dende o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.