Pontevedra volve a acoller a Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

52

O apoio da Concellería de Promoción Económica e Turismo fai posible que Pontevedra volva acoller este ano a Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, que chega á súa décimocuarta edición. O evento, que se celebrará o próximo martes, día 20, ás 19 horas no Teatro Principal, foi presentado hoxe pola concelleira, Carlota Román, e o presidente da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (AGAXET).

As máis de 600 persoas que acudirán á Gala terán o aliciente de poder contemplar a única colección de guías Michelín practicamente completas que existen no mundo. Será posible gracias á colaboración dos irmáns Juan e Antonio Cancela, de Carballo (A Coruña).
Juan e Antonio Cancela desprazarán a Pontevedra unha selección cos exemplares máis extraordinarios da colección, algúns deles auténticas xoias que poucas veces pódense contemplar fóra das vitrinas en que son custodiados. De feito, estes irmáns de Carballo posúen preto de 700 Guías editadas en 27 países ao longo de máis dun século, unha colección que o propio Ferrán Adriá propuxo instalar temporalmente na fundación de elBulli.
A exposición das Guías Michelin será o perfecto anticipo á entrega dos Premios HG.

A guía Michelín que figura entre a relación de 28 premiados na edición deste ano verá así recoñecido o apoio á gastronomía galega despois da concesión de 10 estrelas na guía deste ano. Recollerá o premio o seu director en España, Fernando Rubiato.

O Concello de Pontevedra será outro dos premiados, polo seu labor de recuperación patrimonial durante os últimos anos, o que contribuíu a construír un modelo de cidade amable co peón e orgullosa da súa historia e o seu patrimonio.

Carlota Román destacou o papel que Guillermo Campos ten na referenciación de Pontevedra como sede desta Gala, que foi itinerante durante as súas primeiras oito edicións, pero que encontrou referencia na nosa cidade nos últimos anos.

Esta gala é o máis grande punto de encontro intersectorial que se produce en Galicia, polo que coa súa celebración, doutra volta máis na nosa cidade, segue a referenciarnos dentro do competitivo mapa do turismo, destacou a concelleira. Engadiu que nun acto destas características están moitas das mellores empresas galegas no mundo da gastronomía, da hostelería e, por extensión, do turismo en xeral.

A relación de premiados cos premios HGT-medallas Dagda, por categorías, é a seguinte:

ACCIONS DE  PROMOCION  E MARKETING
Campañas conxuntas Concello Santiago-Hostelería de Compostela
R.
Mel de Galicia

 I+D E FORMACION
Adegas Martín Códax
Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro
Proxeto Lamprea do Minho

RECUPERACION E CONSERVACION DO PATRIMONIO
Parque Petroglifos de Campolameiro
Semana Santa de Ferrol
Concello de Pontevedra

 IMAXE INTERSECTORIAL E DIVULGACION
 Pescafresca-Pescanova
 Canal Cocina
 Nigratrea

PROXECTOS EMPRESARIAIS
Estrella Galicia
Bodegas Torrres
Costas Galicia

INICIATIVAS PROFESIONAIS  
Gerardo Méndez
Menus.es.
Asociación Galega de Baristas

EQUIPAMENTOS E SUMINISTROS
Tattoo Contrat
Cash Récord
Acuarios Prieto
Almar

BOTELLAS DO ANO
Abadía da Cova Autor
San Amaro Dark
Platú
La Mar

BOCADOS DO ANO
Conservas Premium de Escurís Batalla
A Pementeira