A Concellería de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra, a través da programación da Casa Azul, realizará este venres, 16 de marzo, a actividade “Un Paseo polas nubes”.
Trátase de ver a cidade desde os edificios máis altos e emblemáticos. Para esto escolléronse:
– Terraza da Casa Azul
– Última pranta do sexto edificio do Museo Provincial
– Mirador do Edificio das Torres
– Edificio de Adeslas
– Terraza de Santa María
Os beneficiarios desta actividade serán os usuarios da Asociación de enfermos psíquicos ALBA, Asociación Síndrome de Down “XUNTOS”, Asociación JUAN XXIII.
As visitas realizaranse en dúas quendas:
– 10.00 h – 13.00 h
– 16.30 h – 19.30 h