Os Bombeiros celebran o seu patrón

53

O Concello de Pontevedra celebra hoxe o patrón dos Bombeiros, San Juan de Dios, cunha tradicional recepción e convite no parque de Bombeiros ao que asistiu o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Seguridade, Carme da Silva.

Os bombeiros fixeron un percorrido pola cidade con algún dos vehículos oficiais. Foi a partir das 12.30 horas dende o Burgo, ponte de Santiago, avd. de Bos Aires, Uruguai e Corvaceiras, Manuel del Palacio, Fernández Ladreda, Eduardo Pondal, Doce de Novembro, Alexandre Bóveda, avenida de Compostela, Xoán Manuel Pintos e Domingo Fontán para concluír no parque de bombeiros.

Coincidindo con esta celebración, o Corpo de Bombeiros convocou a III edición do Concurso de debuxos entre os centros escolares. A vindeira semana reunirase o xurado para escoller o debuxo gañador.