Reposición dos pavimentos de formigón no Salgueiriños

64

Esta semana comezaron os traballos de reparación dos pavimentos de formigón do barrio dos Salgueiriños que se están a levantar debido a un defecto dos materiais. A constructora Crespo será a que realice estas obras tal e como se comprometeu co Concello de Pontevedra, dado que foi a empresa que executou a reforma do barrio e que aínda está en garantía.